Director musical
images.jpg

David LLano Díaz

David Llano Díaz, natural de Ferrol, comeza os seus estudios de clarinete da man de Francisco San Ramón Calvo na Asociación Musical Sementeira de Narón. Estudou con diversos clarinetistas de renome nacional e internacional como: Yehuda Gilad, Venancio Rius, Carlos Casadó, Enrique Pérez, Ivan Marín, Manuel Rives e Walter Boykens entre outros.

Recibiu diferentes premios resaltando o Primeiro premio no Concurso de clarinete Allegro na Vall d’Uixo (Castellón) en 2003, Mención de Honra no Concurso de Composición Xuventudes Musicais de Sóller (Mallorca) en 2009, e o Primeiro premio no XI Concurso de Novos Intérpretes “Concello de Ortigueira” en 2011. No ano 2006 ingresa por concurso-oposición na Escala de Suboficiales do Corpo de Músicas Militares. Interpretou como solista o Concierto nº 2 de C.M. von Weber ca Orquesta Sinfónica do Conservatorio Superior das Illas Baleares, no cal finaliza os seus estudos Superiores de Clarinete en 2010 cos profesores  Emilio Ferrando e Ona Cardona. Tocou baixo a batuta de directores como Perry So, M. Valdiviesso, J. Mora, M. Zumalave, S. Yamamoto, E. Garcia Asensio, J. Sanchís, J.R. Pascual-Vilaplana, O. Díaz e J. Viceiro entre outros; en diversas Orquestas como a Jove Orquesta Balear, Orquesta Clásica de Mallorca, Orquesta Sinfónica de Monzón, Orquesta Cidade de Pontevedra, Orquesta S. XXI, Bruckner Akademie Orchester, Orquesta Sinfónica do Principado de Asturias e Orquesta Sinfónica “Odón Alonso” de León.